16.9.06

Fifteen

Non podíamos desaproveita-la ocasión da nosa viaxe a 'London' para vivir en directo e catar por nós mesmos a arte e o encanto da cociña dununha persoaxe como Jamie Oliver.

Cartel Jamie OliverNós coñecemos a Oliver polo seu programa "Oliver twist" que emite 'Canal Cocina' e que chama a atención porque o cociñeiro semella estar na súa casa, vestido de diario e cociña sempre para algún(s) invitado(s) que lle sirven de excusa e motivación para os seus pratos nos que mezcla ingredientes tipicamente ingleses con elementos de outras culturas tanto nos productos como nos métodos de elaboración e na condimentación sen deixar de ollar en todo momento ós elementos mais típicos da cociña mediterranea e ó equilibrio nutricional moderno coa introducción de aceite de oliva e verduras e hortalizas en tódolos seus pratos.

O "seu" restaurante fifteen-London sitúase ó norte da 'city' na zona de Old Street e forma parte dunha complexa obra social deste emprendedor pola cal acolle a xovenes desempregados (sen estudios previos) e os forma para "formar a nova xeración de cociñeiros" levando estes xovenes o peso do restaurante... A este prolifico home ainda lle que quedou tempo e gañas para organizar unha gran campaña de difusión que levou ó goberno inglés a modifica-lo sistema de comedores escolares iniciándose este curso o que a prensa inglesa chama as "Jaimie´s dinner" nas que predominan elementos de alimentación mais equilibrados.


A NOSA EXPERIENCIA:
Fixemo-la reserva telefónicamente (menudo Show) para 'cear' ás 19:00; chegamos puntuais e o restaurante e maila trattoria xa estaban cheos, nos situaron nunha mesa do comedor de abaixo que semellaba unha sala almohadillada de un club ou unha "cabina espacial" (segundo ós nenos). O menú degustación (non hai carta) compúñase dun entrante de olivas variadas con aceite e tostas todo do mais sabroso que vos podades imaxinar seguido da "Fifteen’s Fantastic Salad" delicada ensalada con 'burrata' e aceite da toscana e de dous pratos a escoller entre 2 opcions (unha de pasta e outra de carne/pescado) todo con esa elaboración imaxinativa mais non sofisticada (mais ben de andar por casa) que lle pon este home á súa cociña.
Pega: A bebida; vale pagar 60 Libras polo menú, mais pagar outras 40 pola degustación de viños semella demasiado, por outra banda non nos apetecía ir até Inglaterra a tomar viños franceses e/ou italianos asi que pedimos unhas cervexas e, para a nosa sorpresa, só tiñan !!!cerveza italiana¡¡¡ (Peroni).

O postre (que é o que temos na mesa na foto superior) foi unha riquísima tarta de queixo inglés con unha enormes e sabrosa frambuesas e unha tosta de améndoa deliciosa.

Ó cabo, probamos que é o que nos gusta.