Aproveitando que o Arnoia pasa por Allariz e que tiñamos que ir por alí a facer deporte fomos, outra volta mais a "Casa Fandiño". Xa sei que agora non se chama exactamente así, mais na mesma entrada este restaurante se proclama continuador do anterior.A tradición de Fandiño en Allariz ven de moi vello e a grande sona acadada debeuse sempre ó seu bón facer cos elementos e métodos tradicionais da cociña galega; xa facía moito que o comedor da vella casa se quedaba pequeno cando Tino Fandiño decidiu abrir este novo restaurante con mellor instalación e algo mais amplo adaptando de xeito pragmático unha casa do casco vello alaricano.
Continúase a liña indicada de cultivo da cociña con materias i elaboracions tradicionais sufrindo na súa carta poucas (ou nenguha ) variacións nestes anos; mais, ¿para qué variar?, ¿qué lle pode facer competéncia á empanada de zamburiñas?. A carta de viños ten unha boa selección do pais ainda que algo estancada no tempo e nos viños foráneos nótase certa tendencia "riojizante" que deixa pouca marxe de manobra. Iso si, espero que non troquen nada da carta de postres...
Boa relacion calidade-prezo, boa atención ainda nos intres de mais barullo.
