21.12.06

O carreiro Aguiño

Tiña eu que facer un post co galo de colocar un link a technotari para reclamalo como meu e, non tiven dúbida para elexir dempois de ver onte unha foto familiar nunha inmobiliaria perto da casa; no roteiro cara a zona de deportes.

Ainda que o ano non escomenzou normalmente a estas alturas xa estaríamos certos dunha cousa: O mes de vacacions de verán o pasamos en Aguiño. Levamos xa 8 anos indo ó remate da Barbanza e xa é unha parte da nosa existencia.

Cando escomenzamos a ires cáseque non comiamos fora i eu non gostaba do viño só o bebía en contadas ocasions; todo iso foi trocando coma eu mesmo e, coido que por desgracia para o bó gusto, o própio Aguiño. Veu "aquelo" do 2002 e fun nos días da ponte de decembro a me bañar no negro que cegaba esta mesma praia...

Como este recuncho segredo para nós tamén temos alí o noso lugar favorito de xantar ó que non queremos faltar polo menos unha vez ó ano e no que percurarmos parar ó mediodía antes iremos a xantar.

Está o restaurante O Carreiro xusto detrás das moles (isas do anuncio da inmobiliaria) que se ergueron no porto de Aguiño no lugar dunha antigua conserveira (non podía ser menos;en todo o concello de Riveira acontece o mesmo) é un local novo cunha decoración funcional na zona de bar que non é nin grande nin pequena e que pon bos pinchos e ten un Albariño "colleiteiro" moi bó; e mais clásica con toques mariñeiros e Zen no comedor.

Sempre que imos ten moita xente i este Agosto ainda mais de xeito que no verán vos recomendamos reservedes con tempo (981840695) sobor de todo si sondes mais de 4.
O porqué desa demanda ven se lee na prensa:
En la parroquia ribeirense de Aguiño, el restaurante O Carreiro se ha ganado en dos años el respeto de la clientela más exigente. A los fogones, Joaquín Millán Miranda. La carta es de las de dos o tres líneas por plato
I é certo que a carta ten moito que ler e moito que saborear; tanto que en mais de unha ocasión nos temos lamentado de que non teñan "degustación" polo que sempre temos que monta-lo show de pedir cada un un prato diferente para logo irmos probando.

Como non podía ser doutro xeito donde se sae esta xente é nos productos do mar; porque ainda que as nosas rías e caladoiros anden de capa caída no que respecta á cantidade a calidade segue a ser insuperable i en "O Carreiro" ben que o demostran con presentacions que poden semellar clásicas mais que encerran innovación e moito saber. As carnes son tamén obxecto de atención por parte do cociñeiro que se ve que estivo aprendendo no interior do pais a "sacarlle xugo". A carta de viños no que respecta ó pais é equilibrada sendo de destacar os albariños dos viñedos que poderíades ver pola ventana do local aló na outra banda da ría.

Non sabemos como serán as cousas a partires de agora, mais ista é para nós unha débeda e non unha opción e como tal tentaremos cumprila na primeira ocasión.

14.12.06

Lume negro en Donostia

Coma estamos adoitando a facer tentamos aproveitar o mellor que se pode as viaxes e coñecer tódolos aspectos do lugar elexido para visitar.

A ocasión non podía ser menos e non puido ter mais fortuna que a nosa "a priori" elección principal estivese fora do noso alcance por mor das vacacions.

Porén non imos comentar demasiado a nosa visita a AKELARRE pois sobran os comentarios mais documentados e autorizados e ningúen vai vir a un blog de afeccioados a aconsellarse sobre semellante templo do bó xantar. Só unha frase que Nieves lle dixo a Pedro Subijana cando pasou pola nosa mesa con ese xesto feliz que tiña dempois de acadar a 3ª estrela michelin: "Todo sabe a lo que tiene que saber, pero nada es lo que parece". Recomendarvos as degustacions (as dúas) e que reservedes con tempo unha mesa perto de fiestra; a vista é impresionante.

Como tampouco queremos dar consellos xerais para pasar unha boa velada en Donostia imonos mollar recomendándovos un local que segue a mais rancia tradición do tapeo da culinaria de euzkadi mais cos novos aires que os coñecementos actuais sobre nutrición e preparación de alimentos aportan.

Cunha coidada selección de viños de todo o estado (focalizada claro está na parte alavesa da D.O. Rioja) sen descoida-los caldos da cercana Francia e botandolle unha ollada curiosa ó resto do mundo ( Chile, Australia, Sudafrica...) Este local (que tamén ten restaurante) invita a entrar a unha estética Zen cecais algo gastada, mais agradable. O grande pizarrón por detrás da barra chama a atención en seguida pola abundáncia de opcions entre tradicionais tortillas, "pikoteos" con estilo e tradición como os boquerones con melón ou a terrina de foi con cereixas e as "ensaladak" nas que podemos destaca-lo "Tabuleh con txipiron y verduritas sobre crema de gazpacho".

Dado os prezos do entorno, podemos afirmar que é un sitio cunha moi boa relación custe-calidade. Ofrece un servicio excelente resultándonos unha mágoa non poder probar o restaurante pois estaba todo reservado para as datas da nosa estancia.

Como quedamos con débedas pendientes... VOLTAREMOS.

6.11.06

Contrastes bercianos

Non nos cansaremos de agradecer a sorte que temos de habitar esta terra de fronteira e de contraste que é o bierzo; temos no outono unha paisaxe que sublima á vista e ós sensos...


E temos a posibilidade de probar manxares de deuses traballados por mans expertas. Como o mes pasado non fixemos nengunha recomendación eiqui vos deixamos unha dobre para que podades elexir o que mais vos guste ou para que probedes ás dúas.

Dentro da oportunidade que brindas as Xornadas gastronómicas do Bierzo hai no grupo de restaurantes adheridos ós menus de precio fixo unha diversidade da que son boa mostra os dous dos que hoxe vos falamos e que marcan o contraste culinario desta terra.

O restaurante Sofra está no centro da cidade (c/ Alcón); trátase dun local remozado con aire "Zen" (algúen dirá 'kich' mais eu non) con decoración variada e fio musical que oferta no menú das xornadas platos cos elementos clásicos da culinaria berciana releidos dende o punto de vista da "nova cociña española" con elaboracions que percuran sacar sabor e contraste dende o coñecemento e o estudo científico acompañados dunha ampla carta de viños de todo o estado e do extranxeiro no que reinan os da terra. Os sabores e texturas coidados ó máximo para deixar unha pegada imborrabel na memoria.

Willy's atópase na vila de Sancedo (estrada de Vega de Espinareda); no baixo dunha casa particular na que os parroquianos teñen un dos seus centros de ocio (bar) cunha decoración sinxela-rústica centrada no producto 'estrela' do local: As setas. Mais eiquí ofertan mais cousas tratando sempre de sorpender con presentacions i elaboracions orixinais dentro do tradicional como a "cebola rechea de carne picada" ou o "xabarin en rollo de repolo". Trabállase ó estilo dos restaurantes modernos nunha cousa: A carta só sirve de referéncia pois o dono vaiche pondo na mesa os platos segundo te sentas explicandoche o que son e como están feitos e só che pregunta o qué desexas beber dos viños bercianos ou rioja que ten e se queres repetir.

Bueno, eiqui tendes dúas recomendacions para este mes de xornadas que non vos deixarán indiferentes...

16.9.06

Fifteen

Non podíamos desaproveita-la ocasión da nosa viaxe a 'London' para vivir en directo e catar por nós mesmos a arte e o encanto da cociña dununha persoaxe como Jamie Oliver.

Cartel Jamie OliverNós coñecemos a Oliver polo seu programa "Oliver twist" que emite 'Canal Cocina' e que chama a atención porque o cociñeiro semella estar na súa casa, vestido de diario e cociña sempre para algún(s) invitado(s) que lle sirven de excusa e motivación para os seus pratos nos que mezcla ingredientes tipicamente ingleses con elementos de outras culturas tanto nos productos como nos métodos de elaboración e na condimentación sen deixar de ollar en todo momento ós elementos mais típicos da cociña mediterranea e ó equilibrio nutricional moderno coa introducción de aceite de oliva e verduras e hortalizas en tódolos seus pratos.

O "seu" restaurante fifteen-London sitúase ó norte da 'city' na zona de Old Street e forma parte dunha complexa obra social deste emprendedor pola cal acolle a xovenes desempregados (sen estudios previos) e os forma para "formar a nova xeración de cociñeiros" levando estes xovenes o peso do restaurante... A este prolifico home ainda lle que quedou tempo e gañas para organizar unha gran campaña de difusión que levou ó goberno inglés a modifica-lo sistema de comedores escolares iniciándose este curso o que a prensa inglesa chama as "Jaimie´s dinner" nas que predominan elementos de alimentación mais equilibrados.


A NOSA EXPERIENCIA:
Fixemo-la reserva telefónicamente (menudo Show) para 'cear' ás 19:00; chegamos puntuais e o restaurante e maila trattoria xa estaban cheos, nos situaron nunha mesa do comedor de abaixo que semellaba unha sala almohadillada de un club ou unha "cabina espacial" (segundo ós nenos). O menú degustación (non hai carta) compúñase dun entrante de olivas variadas con aceite e tostas todo do mais sabroso que vos podades imaxinar seguido da "Fifteen’s Fantastic Salad" delicada ensalada con 'burrata' e aceite da toscana e de dous pratos a escoller entre 2 opcions (unha de pasta e outra de carne/pescado) todo con esa elaboración imaxinativa mais non sofisticada (mais ben de andar por casa) que lle pon este home á súa cociña.
Pega: A bebida; vale pagar 60 Libras polo menú, mais pagar outras 40 pola degustación de viños semella demasiado, por outra banda non nos apetecía ir até Inglaterra a tomar viños franceses e/ou italianos asi que pedimos unhas cervexas e, para a nosa sorpresa, só tiñan !!!cerveza italiana¡¡¡ (Peroni).

O postre (que é o que temos na mesa na foto superior) foi unha riquísima tarta de queixo inglés con unha enormes e sabrosa frambuesas e unha tosta de améndoa deliciosa.

Ó cabo, probamos que é o que nos gusta.

22.7.06

Vacacions. Hotel Nós.

Visto que pode resultar de utilidade para algúen e que neste tempo de verán é cando mais se frecuentan os locales de restauración imos facer un esforzo especial nestes días que nos quedan antes de emprende-lo retiro "Aguiñano" tan necesário.

Hotel Nós

Para escomenzar unha aportación duns amigos que nos quixeron sorprender levandonos a un sitio "diferente". Para mín que fun mozo no Deza que un local da zona NON destaque pola abundáncia e/ou calidade do churrasco xa é algo notable.

O Hotel Nós sitúase no que coñecemos como a "recta de Chapa" nun tramo da carretera vella que quedou á marxe da N-525 entre Silleda e Bandeira pola marxe dereita vindo de Santiago (ollo se queredes entrar dende o outro carril teredes que dar a volta no cruce coa estrada de Caldas).

Évos un establecemento de turismo rural ben apañado e cunha decoración que mezcla elementos do tradicional e o 'rústico' xunto con elementos modernistas, art nouveau e outras vangardas. un vello caserón restaurado con todo o imprescindible.
O restaurante segue a liña actual de ter a cociña "á vista" nun comedor pequeno e con mesas de 2, 4 e 6 comensais.
O mais chocante resulta o servicio mais non vexades nengún sentido negativo neste calificativo é simplemente que toma toda a confianza que, en realidade, se lle dá a un local cando decides comer nel. Explícome, ti chegas a un sitio a comer e non vas á despensa a ver como almacenan os alimentos nin ves si a neveira funciona... ti confias neso como confias en que ó chegar á casa dun familiar a comer terá todo en bó estado; comer no Hostal Nós produce a sensacíón de "comer na casa"; séntaste na mesa e danche a escoller o viño segundo queiras branco ou tinto... logo suxírente un prato principal de carne ou peixe segundo prefiras e dempois che din o que che van dar de primeiro plato. A cada plato o acompaña unha explicación sobre a materia prima (toda de moi boa calidade) e a elaboración que, sen grandes sofisticacions, é orixinal e actual. Carta de viños galegos moi equilibrada e con atención ás derradeiras novidades.

14.7.06

Europa está en Pamplona

E Australia, e Nova Zelanda e; inclusive, a parte mais aberta dos EEUU.

Tamén está o Hotel Europa que en realidade é, como eles mesmos explican na carta, un restaurante con hotel e non un hotel con restaurante.

Sei que ista valoración ven mediatizada polo ambiente festeiro das "fiestas de San Fermín" mais a nós semellounos que a ocasión había que aproveitala e alá nos fomos.

O restaurante durante o resto do ano debe ser moi elegante; situado nunha das entradas do casco vello da cidade perto da rúa da estafeta e cun aparcadoiro na praza do castelo ten unha distribución en pequenos comedores e salons con coidada decoración. O persoal de recepción e acollida semella ben organizado e cunha longa rodaxe e o persoal de servicio non se desconpon nas situacions mais estranas.

Carta mixta entre cociña tradicional con producto da terra i elaboración "evolucionada" e pratos de novo cuño con aplicación dos mais novedosos procesos de elaboración e presentacions arriscadas. Bó equilibrio entre carnes e pescados e presencia destacada das verduras e legumes do pais; o menú degustación tradicional é completisimo, mais algo caro e abondoso. A carta de postres é moi interesante resultando dificil decidir entre cousas tan tradicionais como unha táboa de queixos acompañada de marmelo e membrillo ou os sorbetes e brownies. A carta de viños é moi completa no que respecta a viños navarros e rioxanos e a viños 'orixinais' de "novos territorios" mais deixa algo de lado a outras denominacions peninsulares.

Foi unha experiencia distinta degustaren desta cociña ataviados coas roupas do San Fermín e rodeados do ambiente festeiro.

17.6.06

San Clemente

Hai 15 anos un día coma hoxe a promoción de enfermeiría da U. de Galicia fixo alí a súa cea de fin de carreira.

Como ten tódalas transicions naquela ó rematar a carreira algo escomenzaba mais non sabiamos o qué; 15 anos dempois, sen voltar a ver a tanta xente daquela cea sabemos que escomenzaba a vida de verdade.

Ben, ó que iamos. ¿porqué fixemo-la cea alí? Pois porque era (i é) o sitio onde mellores pinchos puñan coa bebida, porque está ben situado, porque o trato é formal mais tamén familiar e porque as tradicions teñen os seus templos.

O San Clemente foi o cerne dunha grande empresa hosteleira compostelan que non deixa de medrar mais sen descoidar o seu berce. Segue a ser un lugar ideal para escomenza-lo roteiro de pinchos na zona vella compostelana; o sitio onde quedar coa xente pois está centrico e ten zonas de aparcamento e parking perto.

Como restaurante pode que non destaque na "nouvelle cousine" mais sí ten 'punch' na elaboración dos pratos tradicionais o que fai que estexa moi frecuentado tamén por turistas que queren probar o auténtico sabor da cociña galega. A materia prima ben seleccionada e acompañada por unha boa carta de viños -se cadra falta de renovación- e dun servizo PERFECTO.

A renovación do comedor de hai unhs 10 anos cecais lle quitou algo do aire familiar que tiña mais gañou en limpeza e a decoración, ainda que con certos toques 'hort' se pode chamar fusional... Carta moi galega como xa dixen e postres do mellor mais tamén con espazo para o rutineiro.

Relación calidade-prezo óptima.

27.5.06

Cata Comentada

Por unha vez en Ponferrada anunciaronse os eventos públicamente con ampla difusión e antelación dabondo; dentro do programa paralelo ó primeiro concurso de Viños do noroeste fixéronse CATAS COMENTADAS dos viños de catro adegas do Bierzo; nós asistimos á cata desenvolta no "Bombardier" pola adega 'Tilenus'.

E pasei do Munto ó Universo da cantidade de cousas que aprendín na hora e cuarto escasa na que estivemos a degusta-los 6 viños que comentou o enólogo da adega que nos deu todo un cursillo non só de como catar un viño senon que nos deu unha ínfima visión da cantidade de cousas que influen para obter un bó viño tanto nas materias primas como na súa elaboración.

Porén o mais importánte foi a lección de filosofía empresarial vitivinícola referente ó que fan as industrias do viño e o que fan os artesans do viño. A opción polo respeto á "expresión do viño" e non a súa maquillaxe por medios mais ou menos artesanais ou os trucos de dificil xustificación foron un indicador da calidade do traballo desta xente.

Non imos a expor eiquí o comentario da cata en sí pois tendes á vosa disposición multitude de sites de enoloxía e gastronomía que vos darán mellores argumentos e con mais coñecemento de causa ca nós; só vos recomendamos que non perdades a ocasión de tomar unha copa de bó viño pois é un producto natural e beneficioso para a saude (inxerido con moderación).

24.4.06

Ser ou non ser

Por fin puidemos asistir á representación que R.T.A. produce baixo a dirección de Lino Braxe do mais eterno e vixente clásico do teatro universal co mais granado da escea galega i EN GALEGO.

Foi no auditorio municipal de Vilalba; unha magnífica instalación malia o ranxer das sillas con boa visibilidade da escea e boa sonoridade en xeral, mágoa de portas sen cortiñas que petaron até 15 veces no trasnscurso da hora e media de obra.


Do reparto moito que dicir; Primeiro: Luis Tosar sáese. No intre no que Hamlet parte para Inglaterra colocouse entre o público moi perto de nós e desenrolou o fragmento sobor da diferencia entre a natureza humana i a animal fitándome directamente ós ollos... todo o seu traballo resulta moi creible, a dicción mais ca correcta e a linguxe non verbal axeitada. Segundo: que botamos de menos (sen menosprezar Miguel Pernas) a Roberto Vidal Bolaño (Q.G.E.) no papel de Claudio. Terceiro: A veteranía é un grao e así o demostra Gonzalo M. Uriarte co seu magnífico traballo como Horacio. Cuarto: a sorpresa sempre é posible; como nesta volta para nós foi sorpresiva a laboura de Iolanda Muiños desenrolando o triple traballo como Ofelia.


A adapatción do guión obra do própio Lino coa colaboración de Manuel Rivas resulta mais creible ó engadi-la ameaza da invasión Nazi e as implicacions da ideoloxía nacional-socialista ás grandes cuestions universais que a obra plantexa.



Ainda tendes oportunidade de vela a próxima fin de semana en Lugo. Recomendámolova.

6.4.06

A viaxe de San Pepiño... HARAJUKU



Coidamos que os rapaces xa estaban en idade de disfrutar da festa rachada (megamacrosuperbotellón urbano incluido) que é Valencia durante as fallas e alá nos fumos coa intención de visitaren tamén a CAC.

Coidei que tendo aproveitado o traxecto de ida para probar un deses sitios de peregrinación gastronómica por excelencia tería que face-lo comentário correspondente neste blog mais... Vexo que hai moitas opinions mais autorizadas que a miña que louban o pequeno pobo de Pedroñeras e ó seu producto estrela: O Allo; Moitas mais opinions atopanse sobor do restaurante "Las rejas" e sobor da cociña de Manuel de la Osa así que me vou a conter nunha frase: Contraste. Mentres a súa imaxe exterior contrasta co que atopas dentro, a súa 'imaxe' exterior contrasta co que atopas na mesa. Non lle quito o mérito de:
haber dignificado la cocina popular manchega, la que comía de niño, utilizando las hortalizas, las legumbres, las especias, los viñedos, los quesos, los frutos y las carnes de su entorno
Mais nós coñecemos moitos establecementos que fan o mesmo en Galiza coa cociña e os productos tradicionais galegos e non teñen "tres soles" nen suben tanto a factura.

Entroques si vos queremos recomendar un local que atopamos no centro de Valéncia na percura dun lugar onde 'probar' algo que non houbese na casa.

HARAJUKU seica é o nome do barrio mais 'cool' de Tokyo; un barrio de tendas de moda "fashion" polo día e 'zona quente' pola noite. En Valéncia é o nome dun Restaurante-Lounge de ambientación minimalista con certos toques orientais (a vestimenta do persoal, a música) e unha boa mostra de cociña xaponesa. O servizo é atento e non agobiante con a sabia intención de informar sen dirixir sobor do que é cada presentación e o seu consumo.

Boa variedade de tipos de platos; Ensaladas (moi boa a oriental con productos de tempada), Peixe, Carnes (o famoso polo takiyaki lles gustou ós cativos), e postres (IM-PRES-CIN-DI-BLES). Nós regámo-la comida co noso coñecido viño valenciano "mestizaje" (gracias polo consello Marcelo) que demostra que os caldos multivarietais tamén teñen o seu sitio.

Boa relación calidade-prezo. Quedamos contentos de probar ós xapo´s e podemos afirmar que non ten ren que ver cos pizza-chino-kebbab.

11.3.06

Sorpresa exipcíaca

Semellabame que estaba a agardar por "algo" á hora de facer unha entrada neste blog... Coidei que sería algo da próxima viaxe mais, como ten que ser, cando menos o agardaba saltou a sorpresa.

Nesta nosa vila-cidade a gastronomía "alternativa" e/ou internacional non pasaba (que eu souber) dos 'refritidos' italianos, chineses e "pizza-kebab"; hai UN vexetariano mais non é un restaurante ó uso (e que siga así) e require certo desprazamento... O que sí hai abondo son restaurantes que se adican á cociña "berciana"; que, dito vaia por diante, gosto moito dela. Mais unha terra que quere progresar non pode estar pechada sobor de sí en ningún aspecto.

Ábrense novos locais tódolos meses e un vai "captando" comentarios mais desta volta o asunto pasounos por alto até que vimos un cartel "III Xornadas das tapas Exipcias" ¿¿¿??? e quedamos "a cuadros".

O restaurante bar 'Seijo' abriu xa hai uns meses no tramo novo da Avda. del castillo moi perto da fortaleza templaria no baixo dun deses edificios novos con soportais; dende fora nada reseñable, nen a tipoloxia das letras facía ver algo diferente.

A cousa troca ó entrar. Zhizhi recíbe o visitante co seu amplo soriso e o seu parolar simpático caseque sen preguntar que é o que queres senon falandoche da túa vida e da súa como se vos coñecerades de sempre; entón captas un aroma diferente e alguns obxectos decorativos pouco comuns.

Pasas ó espartano comedor, moi na liña local e pides o 'menu de tapas'. Trátase dun menú degustación que, nesta ocasión, versaba sobor da cociña do "baixo exipto" (Alexandría); por desgracia esquecemos coller copia dos nomes dos platos e os ingredientes mais si podemos dicir que ainda que se notaba a elaboración 'en serie' tamén se pode percibir a utilización de ingredientes e técnicas própias da cociña árabe cun engadido, por exemplo para as guarnicions, de elementos locais. O mais chamativo a crema ou bechamel con gambas para comer mollando o golosísimo 'pan pita' (á venda en supermercados locais).

Quedamos os catro satisfeitos e contentos.

4 tapas, postre, bebida (inclue viño) e café 15€.

Os donos nos comentaron que pensan seguir facendo 'xornadas' exipcias con pratos de outras zonas do pais 'adaptados' e nós pensamos voltar para probalos.

Local: Bar restaurante 'Seijo'
Lugar: Avda. del castillo. Ponferrada.

16.2.06

Conta historias que non conta contos

Outra volta e co 'patrocinio' da EOI de Ponferrada voltamos a ter teatro en galego no Bergidum.

Desta ocasión "o carreirán " Quico Cadaval acudiu a nos ilustrar sobor de diversos aspectos da cultura e o sentires galegos quedando "meridianamente" claras as "prístinas" relacions do Bierzo con Galiza.

Foi o seu un transitar por explicacions motivadas dun fio conductor sobor da presenza do sobrenatural na cultura galega e anécdotas persoais sobor do tema. Así; disertou longamente sobre a natureza do conto (en especial os "contos de medo") como instrumento de instrucción psicolóxica, sobor da estructura dos contos clásicos da cultura occidental e sobor de algunhas das claves que se agochan neles falando intercaladamente do que foron es contacontos e daqueles "contos da hora de durmir" cos que as persoas maiores nos 'impulsaban' á oración.

As tres historias persoais que nos relatou produciron tamén varias explicacions tributarias do mais diverso e divertido. Todo elo nunha salsa de explicacions linguisticas (sobor de todo semánticas) e de exemplos de como a mentalidade de cada pobo queda plasmada na súa fala; eu polo menos así o 'estimo'.

Coido que as persoas do bierzo (e de fora) que están a estudar galego poderian apreciar no seu falar e nas súas verbas un auténtico exemplo do "galego occidental" (Peixeiro dirian en Lalin) e apreciarian as diferencias dialectais deste... mais tamén se decatarán; como se estivesen diante dun espello, das súas própias características como galegofalantes e caerán na conta de que ningúen lles pode dicir que falan 'mal' o galego (nen o castelan); mais ben ó contrário: A súa fala particular é (debera) un patrimonio a conservar.

1.2.06

Probando o polbo

"Tantos anos en Zaragoza e ainda non fuches ó pilar" dí a leria popular mais en Ponferrada sería "tantos anos en Ponferrada e ainda non fuches á fragata" a mais afamada casa de polbo do Bierzo.

Se cadra é que o día prestaba unha chea... sábado, fumos ó mercado a media mañan e saimos 'por pès' pois ia un frio que nin dios por mor da néboa.

-¿que facer?;
-con este frio prestaba un polbo
-ti sempre co mesmo
-non ho¡, un de comer...
-e dalle...
-digo de ir comer polbo no sitio ese...

Bueno, o asunto é que alí fomos: O cotizante, a sumiller, o experto catador e a raiña dos postres.

O local é o que cabe esperar dunha casa de polbo, pequeno en plan taberna coa consabida caixa tonta e moi 'fogareño'. Como teñen anos de experiencia atenden un pouco como as franquicias esas de VIPS e tal moi industrial mais sen carta de papel todo de "viva voz". Mesas, que non bancos corridos e platos de cerámica que non de madeira. Viño da casa e "carta" de viños bercianos (que difícil elección).

O noso experto catador gustou do polbo cos cachelos cocidos na própia auga. Estaba no seu punto e os cortes eran axeitados; pois xa sabedes que o que en verdade diferencia a moitos postos de polbo é o xeito de cortalo. Bó aceite e xusto de cantidade.

Variedade de postres xusta; se cadra no verán poñen mais xelados... Café ben feito.

A dolorosa non foi tanto; xa en poucos sitios se come 4 persoas por menos de 50€.

Local: La Fragata.
Lugar: Santo Tomas de las ollas (Ponferrada)