27.5.06

Cata Comentada

Por unha vez en Ponferrada anunciaronse os eventos públicamente con ampla difusión e antelación dabondo; dentro do programa paralelo ó primeiro concurso de Viños do noroeste fixéronse CATAS COMENTADAS dos viños de catro adegas do Bierzo; nós asistimos á cata desenvolta no "Bombardier" pola adega 'Tilenus'.

E pasei do Munto ó Universo da cantidade de cousas que aprendín na hora e cuarto escasa na que estivemos a degusta-los 6 viños que comentou o enólogo da adega que nos deu todo un cursillo non só de como catar un viño senon que nos deu unha ínfima visión da cantidade de cousas que influen para obter un bó viño tanto nas materias primas como na súa elaboración.

Porén o mais importánte foi a lección de filosofía empresarial vitivinícola referente ó que fan as industrias do viño e o que fan os artesans do viño. A opción polo respeto á "expresión do viño" e non a súa maquillaxe por medios mais ou menos artesanais ou os trucos de dificil xustificación foron un indicador da calidade do traballo desta xente.

Non imos a expor eiquí o comentario da cata en sí pois tendes á vosa disposición multitude de sites de enoloxía e gastronomía que vos darán mellores argumentos e con mais coñecemento de causa ca nós; só vos recomendamos que non perdades a ocasión de tomar unha copa de bó viño pois é un producto natural e beneficioso para a saude (inxerido con moderación).

No hay comentarios: