14.7.06

Europa está en Pamplona

E Australia, e Nova Zelanda e; inclusive, a parte mais aberta dos EEUU.

Tamén está o Hotel Europa que en realidade é, como eles mesmos explican na carta, un restaurante con hotel e non un hotel con restaurante.

Sei que ista valoración ven mediatizada polo ambiente festeiro das "fiestas de San Fermín" mais a nós semellounos que a ocasión había que aproveitala e alá nos fomos.

O restaurante durante o resto do ano debe ser moi elegante; situado nunha das entradas do casco vello da cidade perto da rúa da estafeta e cun aparcadoiro na praza do castelo ten unha distribución en pequenos comedores e salons con coidada decoración. O persoal de recepción e acollida semella ben organizado e cunha longa rodaxe e o persoal de servicio non se desconpon nas situacions mais estranas.

Carta mixta entre cociña tradicional con producto da terra i elaboración "evolucionada" e pratos de novo cuño con aplicación dos mais novedosos procesos de elaboración e presentacions arriscadas. Bó equilibrio entre carnes e pescados e presencia destacada das verduras e legumes do pais; o menú degustación tradicional é completisimo, mais algo caro e abondoso. A carta de postres é moi interesante resultando dificil decidir entre cousas tan tradicionais como unha táboa de queixos acompañada de marmelo e membrillo ou os sorbetes e brownies. A carta de viños é moi completa no que respecta a viños navarros e rioxanos e a viños 'orixinais' de "novos territorios" mais deixa algo de lado a outras denominacions peninsulares.

Foi unha experiencia distinta degustaren desta cociña ataviados coas roupas do San Fermín e rodeados do ambiente festeiro.

No hay comentarios: