Ainda que o ano non escomenzou normalmente a estas alturas xa estaríamos certos dunha cousa: O mes de vacacions de verán o pasamos en Aguiño. Levamos xa 8 anos indo ó remate da Barbanza e xa é unha parte da nosa existencia.
Cando escomenzamos a ires cáseque non comiamos fora i eu non gostaba do viño só o bebía en contadas ocasions; todo iso foi trocando coma eu mesmo e, coido que por desgracia para o bó gusto, o própio Aguiño. Veu "aquelo" do 2002 e fun nos días da ponte de decembro a me bañar no negro que cegaba esta mesma praia...
Como este recuncho segredo para nós tamén temos alí o noso lugar favorito de xantar ó que non queremos faltar polo menos unha vez ó ano e no que percurarmos parar ó mediodía antes iremos a xantar.
Está o restaurante O Carreiro xusto detrás das moles (isas do anuncio da inmobiliaria) que se ergueron no porto de Aguiño no lugar dunha antigua conserveira (non podía ser menos;en todo o concello de Riveira acontece o mesmo) é un local novo cunha decoración funcional na zona de bar que non é nin grande nin pequena e que pon bos pinchos e ten un Albariño "colleiteiro" moi bó; e mais clásica con toques mariñeiros e Zen no comedor.
Sempre que imos ten moita xente i este Agosto ainda mais de xeito que no verán vos recomendamos reservedes con tempo (981840695) sobor de todo si sondes mais de 4.
O porqué desa demanda ven se lee na prensa:
En la parroquia ribeirense de Aguiño, el restaurante O Carreiro se ha ganado en dos años el respeto de la clientela más exigente. A los fogones, Joaquín Millán Miranda. La carta es de las de dos o tres líneas por platoI é certo que a carta ten moito que ler e moito que saborear; tanto que en mais de unha ocasión nos temos lamentado de que non teñan "degustación" polo que sempre temos que monta-lo show de pedir cada un un prato diferente para logo irmos probando.
Como non podía ser doutro xeito donde se sae esta xente é nos productos do mar; porque ainda que as nosas rías e caladoiros anden de capa caída no que respecta á cantidade a calidade segue a ser insuperable i en "O Carreiro" ben que o demostran con presentacions que poden semellar clásicas mais que encerran innovación e moito saber. As carnes son tamén obxecto de atención por parte do cociñeiro que se ve que estivo aprendendo no interior do pais a "sacarlle xugo". A carta de viños no que respecta ó pais é equilibrada sendo de destacar os albariños dos viñedos que poderíades ver pola ventana do local aló na outra banda da ría.
Non sabemos como serán as cousas a partires de agora, mais ista é para nós unha débeda e non unha opción e como tal tentaremos cumprila na primeira ocasión.
2 comentarios:
Es de remarcar el caracter gallego de su cocina llevando hasta la excelencia el trabajo con sus pescados, teniendo la seguridad de que el pescado es de la ria y con el rigor mortis aun en los fogones. Desde el pais vasco mis mas sinceras felicitaciones!Creo que es un restaurante dde referencia en galicia y se debe dar a conocer.
Te aseguro que es lo que más vamos a echar en falta este 1º verano sin ir a Aguiño...
Publicar un comentario