22.7.06

Vacacions. Hotel Nós.

Visto que pode resultar de utilidade para algúen e que neste tempo de verán é cando mais se frecuentan os locales de restauración imos facer un esforzo especial nestes días que nos quedan antes de emprende-lo retiro "Aguiñano" tan necesário.

Hotel Nós

Para escomenzar unha aportación duns amigos que nos quixeron sorprender levandonos a un sitio "diferente". Para mín que fun mozo no Deza que un local da zona NON destaque pola abundáncia e/ou calidade do churrasco xa é algo notable.

O Hotel Nós sitúase no que coñecemos como a "recta de Chapa" nun tramo da carretera vella que quedou á marxe da N-525 entre Silleda e Bandeira pola marxe dereita vindo de Santiago (ollo se queredes entrar dende o outro carril teredes que dar a volta no cruce coa estrada de Caldas).

Évos un establecemento de turismo rural ben apañado e cunha decoración que mezcla elementos do tradicional e o 'rústico' xunto con elementos modernistas, art nouveau e outras vangardas. un vello caserón restaurado con todo o imprescindible.
O restaurante segue a liña actual de ter a cociña "á vista" nun comedor pequeno e con mesas de 2, 4 e 6 comensais.
O mais chocante resulta o servicio mais non vexades nengún sentido negativo neste calificativo é simplemente que toma toda a confianza que, en realidade, se lle dá a un local cando decides comer nel. Explícome, ti chegas a un sitio a comer e non vas á despensa a ver como almacenan os alimentos nin ves si a neveira funciona... ti confias neso como confias en que ó chegar á casa dun familiar a comer terá todo en bó estado; comer no Hostal Nós produce a sensacíón de "comer na casa"; séntaste na mesa e danche a escoller o viño segundo queiras branco ou tinto... logo suxírente un prato principal de carne ou peixe segundo prefiras e dempois che din o que che van dar de primeiro plato. A cada plato o acompaña unha explicación sobre a materia prima (toda de moi boa calidade) e a elaboración que, sen grandes sofisticacions, é orixinal e actual. Carta de viños galegos moi equilibrada e con atención ás derradeiras novidades.

14.7.06

Europa está en Pamplona

E Australia, e Nova Zelanda e; inclusive, a parte mais aberta dos EEUU.

Tamén está o Hotel Europa que en realidade é, como eles mesmos explican na carta, un restaurante con hotel e non un hotel con restaurante.

Sei que ista valoración ven mediatizada polo ambiente festeiro das "fiestas de San Fermín" mais a nós semellounos que a ocasión había que aproveitala e alá nos fomos.

O restaurante durante o resto do ano debe ser moi elegante; situado nunha das entradas do casco vello da cidade perto da rúa da estafeta e cun aparcadoiro na praza do castelo ten unha distribución en pequenos comedores e salons con coidada decoración. O persoal de recepción e acollida semella ben organizado e cunha longa rodaxe e o persoal de servicio non se desconpon nas situacions mais estranas.

Carta mixta entre cociña tradicional con producto da terra i elaboración "evolucionada" e pratos de novo cuño con aplicación dos mais novedosos procesos de elaboración e presentacions arriscadas. Bó equilibrio entre carnes e pescados e presencia destacada das verduras e legumes do pais; o menú degustación tradicional é completisimo, mais algo caro e abondoso. A carta de postres é moi interesante resultando dificil decidir entre cousas tan tradicionais como unha táboa de queixos acompañada de marmelo e membrillo ou os sorbetes e brownies. A carta de viños é moi completa no que respecta a viños navarros e rioxanos e a viños 'orixinais' de "novos territorios" mais deixa algo de lado a outras denominacions peninsulares.

Foi unha experiencia distinta degustaren desta cociña ataviados coas roupas do San Fermín e rodeados do ambiente festeiro.