11.3.06

Sorpresa exipcíaca

Semellabame que estaba a agardar por "algo" á hora de facer unha entrada neste blog... Coidei que sería algo da próxima viaxe mais, como ten que ser, cando menos o agardaba saltou a sorpresa.

Nesta nosa vila-cidade a gastronomía "alternativa" e/ou internacional non pasaba (que eu souber) dos 'refritidos' italianos, chineses e "pizza-kebab"; hai UN vexetariano mais non é un restaurante ó uso (e que siga así) e require certo desprazamento... O que sí hai abondo son restaurantes que se adican á cociña "berciana"; que, dito vaia por diante, gosto moito dela. Mais unha terra que quere progresar non pode estar pechada sobor de sí en ningún aspecto.

Ábrense novos locais tódolos meses e un vai "captando" comentarios mais desta volta o asunto pasounos por alto até que vimos un cartel "III Xornadas das tapas Exipcias" ¿¿¿??? e quedamos "a cuadros".

O restaurante bar 'Seijo' abriu xa hai uns meses no tramo novo da Avda. del castillo moi perto da fortaleza templaria no baixo dun deses edificios novos con soportais; dende fora nada reseñable, nen a tipoloxia das letras facía ver algo diferente.

A cousa troca ó entrar. Zhizhi recíbe o visitante co seu amplo soriso e o seu parolar simpático caseque sen preguntar que é o que queres senon falandoche da túa vida e da súa como se vos coñecerades de sempre; entón captas un aroma diferente e alguns obxectos decorativos pouco comuns.

Pasas ó espartano comedor, moi na liña local e pides o 'menu de tapas'. Trátase dun menú degustación que, nesta ocasión, versaba sobor da cociña do "baixo exipto" (Alexandría); por desgracia esquecemos coller copia dos nomes dos platos e os ingredientes mais si podemos dicir que ainda que se notaba a elaboración 'en serie' tamén se pode percibir a utilización de ingredientes e técnicas própias da cociña árabe cun engadido, por exemplo para as guarnicions, de elementos locais. O mais chamativo a crema ou bechamel con gambas para comer mollando o golosísimo 'pan pita' (á venda en supermercados locais).

Quedamos os catro satisfeitos e contentos.

4 tapas, postre, bebida (inclue viño) e café 15€.

Os donos nos comentaron que pensan seguir facendo 'xornadas' exipcias con pratos de outras zonas do pais 'adaptados' e nós pensamos voltar para probalos.

Local: Bar restaurante 'Seijo'
Lugar: Avda. del castillo. Ponferrada.

No hay comentarios: