6.4.06

A viaxe de San Pepiño... HARAJUKU



Coidamos que os rapaces xa estaban en idade de disfrutar da festa rachada (megamacrosuperbotellón urbano incluido) que é Valencia durante as fallas e alá nos fumos coa intención de visitaren tamén a CAC.

Coidei que tendo aproveitado o traxecto de ida para probar un deses sitios de peregrinación gastronómica por excelencia tería que face-lo comentário correspondente neste blog mais... Vexo que hai moitas opinions mais autorizadas que a miña que louban o pequeno pobo de Pedroñeras e ó seu producto estrela: O Allo; Moitas mais opinions atopanse sobor do restaurante "Las rejas" e sobor da cociña de Manuel de la Osa así que me vou a conter nunha frase: Contraste. Mentres a súa imaxe exterior contrasta co que atopas dentro, a súa 'imaxe' exterior contrasta co que atopas na mesa. Non lle quito o mérito de:
haber dignificado la cocina popular manchega, la que comía de niño, utilizando las hortalizas, las legumbres, las especias, los viñedos, los quesos, los frutos y las carnes de su entorno
Mais nós coñecemos moitos establecementos que fan o mesmo en Galiza coa cociña e os productos tradicionais galegos e non teñen "tres soles" nen suben tanto a factura.

Entroques si vos queremos recomendar un local que atopamos no centro de Valéncia na percura dun lugar onde 'probar' algo que non houbese na casa.

HARAJUKU seica é o nome do barrio mais 'cool' de Tokyo; un barrio de tendas de moda "fashion" polo día e 'zona quente' pola noite. En Valéncia é o nome dun Restaurante-Lounge de ambientación minimalista con certos toques orientais (a vestimenta do persoal, a música) e unha boa mostra de cociña xaponesa. O servizo é atento e non agobiante con a sabia intención de informar sen dirixir sobor do que é cada presentación e o seu consumo.

Boa variedade de tipos de platos; Ensaladas (moi boa a oriental con productos de tempada), Peixe, Carnes (o famoso polo takiyaki lles gustou ós cativos), e postres (IM-PRES-CIN-DI-BLES). Nós regámo-la comida co noso coñecido viño valenciano "mestizaje" (gracias polo consello Marcelo) que demostra que os caldos multivarietais tamén teñen o seu sitio.

Boa relación calidade-prezo. Quedamos contentos de probar ós xapo´s e podemos afirmar que non ten ren que ver cos pizza-chino-kebbab.

No hay comentarios: