16.2.06

Conta historias que non conta contos

Outra volta e co 'patrocinio' da EOI de Ponferrada voltamos a ter teatro en galego no Bergidum.

Desta ocasión "o carreirán " Quico Cadaval acudiu a nos ilustrar sobor de diversos aspectos da cultura e o sentires galegos quedando "meridianamente" claras as "prístinas" relacions do Bierzo con Galiza.

Foi o seu un transitar por explicacions motivadas dun fio conductor sobor da presenza do sobrenatural na cultura galega e anécdotas persoais sobor do tema. Así; disertou longamente sobre a natureza do conto (en especial os "contos de medo") como instrumento de instrucción psicolóxica, sobor da estructura dos contos clásicos da cultura occidental e sobor de algunhas das claves que se agochan neles falando intercaladamente do que foron es contacontos e daqueles "contos da hora de durmir" cos que as persoas maiores nos 'impulsaban' á oración.

As tres historias persoais que nos relatou produciron tamén varias explicacions tributarias do mais diverso e divertido. Todo elo nunha salsa de explicacions linguisticas (sobor de todo semánticas) e de exemplos de como a mentalidade de cada pobo queda plasmada na súa fala; eu polo menos así o 'estimo'.

Coido que as persoas do bierzo (e de fora) que están a estudar galego poderian apreciar no seu falar e nas súas verbas un auténtico exemplo do "galego occidental" (Peixeiro dirian en Lalin) e apreciarian as diferencias dialectais deste... mais tamén se decatarán; como se estivesen diante dun espello, das súas própias características como galegofalantes e caerán na conta de que ningúen lles pode dicir que falan 'mal' o galego (nen o castelan); mais ben ó contrário: A súa fala particular é (debera) un patrimonio a conservar.

1.2.06

Probando o polbo

"Tantos anos en Zaragoza e ainda non fuches ó pilar" dí a leria popular mais en Ponferrada sería "tantos anos en Ponferrada e ainda non fuches á fragata" a mais afamada casa de polbo do Bierzo.

Se cadra é que o día prestaba unha chea... sábado, fumos ó mercado a media mañan e saimos 'por pès' pois ia un frio que nin dios por mor da néboa.

-¿que facer?;
-con este frio prestaba un polbo
-ti sempre co mesmo
-non ho¡, un de comer...
-e dalle...
-digo de ir comer polbo no sitio ese...

Bueno, o asunto é que alí fomos: O cotizante, a sumiller, o experto catador e a raiña dos postres.

O local é o que cabe esperar dunha casa de polbo, pequeno en plan taberna coa consabida caixa tonta e moi 'fogareño'. Como teñen anos de experiencia atenden un pouco como as franquicias esas de VIPS e tal moi industrial mais sen carta de papel todo de "viva voz". Mesas, que non bancos corridos e platos de cerámica que non de madeira. Viño da casa e "carta" de viños bercianos (que difícil elección).

O noso experto catador gustou do polbo cos cachelos cocidos na própia auga. Estaba no seu punto e os cortes eran axeitados; pois xa sabedes que o que en verdade diferencia a moitos postos de polbo é o xeito de cortalo. Bó aceite e xusto de cantidade.

Variedade de postres xusta; se cadra no verán poñen mais xelados... Café ben feito.

A dolorosa non foi tanto; xa en poucos sitios se come 4 persoas por menos de 50€.

Local: La Fragata.
Lugar: Santo Tomas de las ollas (Ponferrada)