14.12.06

Lume negro en Donostia

Coma estamos adoitando a facer tentamos aproveitar o mellor que se pode as viaxes e coñecer tódolos aspectos do lugar elexido para visitar.

A ocasión non podía ser menos e non puido ter mais fortuna que a nosa "a priori" elección principal estivese fora do noso alcance por mor das vacacions.

Porén non imos comentar demasiado a nosa visita a AKELARRE pois sobran os comentarios mais documentados e autorizados e ningúen vai vir a un blog de afeccioados a aconsellarse sobre semellante templo do bó xantar. Só unha frase que Nieves lle dixo a Pedro Subijana cando pasou pola nosa mesa con ese xesto feliz que tiña dempois de acadar a 3ª estrela michelin: "Todo sabe a lo que tiene que saber, pero nada es lo que parece". Recomendarvos as degustacions (as dúas) e que reservedes con tempo unha mesa perto de fiestra; a vista é impresionante.

Como tampouco queremos dar consellos xerais para pasar unha boa velada en Donostia imonos mollar recomendándovos un local que segue a mais rancia tradición do tapeo da culinaria de euzkadi mais cos novos aires que os coñecementos actuais sobre nutrición e preparación de alimentos aportan.

Cunha coidada selección de viños de todo o estado (focalizada claro está na parte alavesa da D.O. Rioja) sen descoida-los caldos da cercana Francia e botandolle unha ollada curiosa ó resto do mundo ( Chile, Australia, Sudafrica...) Este local (que tamén ten restaurante) invita a entrar a unha estética Zen cecais algo gastada, mais agradable. O grande pizarrón por detrás da barra chama a atención en seguida pola abundáncia de opcions entre tradicionais tortillas, "pikoteos" con estilo e tradición como os boquerones con melón ou a terrina de foi con cereixas e as "ensaladak" nas que podemos destaca-lo "Tabuleh con txipiron y verduritas sobre crema de gazpacho".

Dado os prezos do entorno, podemos afirmar que é un sitio cunha moi boa relación custe-calidade. Ofrece un servicio excelente resultándonos unha mágoa non poder probar o restaurante pois estaba todo reservado para as datas da nosa estancia.

Como quedamos con débedas pendientes... VOLTAREMOS.

No hay comentarios: